caldeirada

Comida que consiste en peixe cocido con patacas, ao que se lle engade unha allada, rustrido ou mollo preparados á parte

Etimoloxía

Denominación creada por sufixación sobre a palabra “caldeira” que vén do latín caldaria ‘baño quente’ ou ‘estufa’.

Exemplos *

“Alí todo ole a xofre. -Pase e xantará comigo. Teño unha boa minuta: caldeirada de xardas, polo con chícharos e patacas novas, filloas...” (Borobó: "Xoán Po'reás" burlador de demos (lenda fáustica), 1992)

“Alí estaban os dous, xa me estaba empezando a amolar tanto compadreo intelectual que traían, fixen unha inhalación do meu esprai. Senteime, xa estaban a comer nunha caldeirada de pescada, un prato de carne asada cun cacho de pemento morrón encima e patacas guisadas agardaba no meu sitio.” (Suso de Toro: Calzados Lola (O dano e a absolución), 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.