caldeireta

Recipiente de lata ou aluminio, con asa e tapadeira, normalmente utilizado para transportar o leite

Etimoloxía

Termo que se forma sobre “caldeiro” e este remite ao latín caldariam ‘estufa’.

Exemplos *

“Cando comecei a andar baixaba á noitiña, á hora de muxir, e , segundo saía morno do ubre, pola mesma lata de sardiñas na que muxía miña nai antes de botalo á caldeireta, fartábame ata rebentar.” (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas, 2000)

“Unha vez dentro da eira foi dereitiña ao alpendre. Alí Mercedes amarrouna a un esteo e muxiulle unha pequena caldeireta de leite que axiña llela ofreceu aos rapaces en cadanseu vaso.” (Antón Cortizas: Leonel, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.