caldelo

Calor ou aire quente

Etimoloxía

Vocábulo que se forma sobre a palabra “caldo” que vén, á súa vez, do latín caldus ‘quente’.

Exemplos *

“Pero como facía moito caldelo, e non se albiscaba nin unha soia persoa en tódolos arredores, o pouco de encomenzar o traballo, afoutouse a tomar un baño.” (Xosé Fariña Jamardo: Golfaróns de sangue, 1989)

“O gando morreulle de nacidas, a enchente levoulle o muíño, tivo mala anada e un día de caldelo que puxo a deloirar no tellado canta roupa tiña, o ceo escomenzou a cimbrar pedras tan grandes que lle fixo mormizo as tellas.” (Manuel Roel Longueira: Contos e poemas dun autor ignorado, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.