calduda

Caldo de castañas

Etimoloxía

Voz derivada sobre o termo “caldo” que procede do latín.

Exemplos *

“As castañas pódense cocer na compaña doutras cousas. Falamos xa das castañas con chourizo; do mesmo xeito pódese faguer o potaxe que chaman calduda, no que o elemento principal é a castaña.” (Xaquín Lorenzo Fernández: Etnografía: Cultura material (Historia de Galiza), 1962)

“O nome propio do caldo de castañas en Galicia é dobre. Podemos chamarlle calduda ou podemos empregar o nome de caldelo.” (Miguel Vila Pernas: A cociña do Merlín, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.