Instalacións ou conxunto de aparellos destinados a quentar un edificio ou parte del
Etimoloxía
Palabra de orixe culta que procede do latín tardío calefactione ‘dar calor’.
Exemplos *
“As vixentes directivas da UE recomendan un aproveitamento ou recuperación enerxética da incineración, que pode producir electricidade, vapor industrial, auga quente sanitaria ou para calefacción.” (Manuel Ángel García Gallego e Berta Estrada Arias: Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, 1996)
“Usar a calefacción dun xeito racional. Estes consellos inciden no aforro enerxético directamente.” (Ramón Vilalta, Manuel Cid e Antonio Varela: Física e química, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.