Aparello, sistema de calefacción
Etimoloxía
Xorde do adxectivo latino calecfatus, -a, -um que deriva do verbo calefacere ‘quecer’.
Exemplos *
“Estela apagou o calefactor ao saír e agora vai frío na oficina.” (Aníbal C. Malvar: Unha noite con Carla, 1995)
“Traio este calefactor con termóstato para o cuarto.” (Xabier Quiroga: Atuado na granxa, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.