caleiro

Táboa acanalada ou tubo doutro material por onde verte auga / Conduto que recolle e deita a auga que verte un tellado

Etimoloxía

Voz derivada sobre a palabra “cal” que nos leva ao latín canalem de significado parecido ao actual.

Exemplos *

“A canaleta ou caleiro, unha canle que partía da cociña e comunicaba coa pía dos porcos na corte para botarlles a comida.” (Xosé Lois Ripalta: A cultura do pan, 2008)

“O tellado mesmo tiña caleiros para recoller a auga, que baixaban ben instalados por ambas as fachadas.” (Ana Cabaleiro: As Ramonas, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.