calendario

Folla, caderno ou bloque de follas en que se rexistran todos os días do ano, agrupados por meses, ás veces acompañados de datos referentes a cada día, como as fases da Lúa, saída e posta do Sol, os santos e festas que se celebran etc.

Etimoloxía

Vocábulo que procede de calendarium ‘libro de contas’.

Exemplos *

“Un calendario presidía o mostrador, detido para sempre en febreiro do ano anterior, entre botellas de coñac e fotos e bufandas do Real Madrid.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

“- Para min, desde hai moito, moito tempo, estas datas non significan nada, son días baleiros no calendario.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.