calexo

Parte baixa do suco que fai o arado na terra / Cereal que se sementa na cal e se sega en verde para utilizalo como forraxe

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “cal” (conduto ou suco) que vén desde o latín canalem.

Exemplos *

“Anda, acaba axiña!, e colle unha dentada a ver se lle vas axudar a apañar no calexo a túa irmá que anda na cortiña dos Trollos e a ver se cargades un bo carro, que está o gando sen estarabasco que comer.” (Manuel Anxo Laxe Freire: Loita e morte, 1986)

“Limpo da chuva nova, o verde leve / dos nabales, no negro das curtiñas. / Nas cales paralelas das sucadas, / o verde inda máis leve do calexo, / coma un fío de seda, un regueiriño / de auga ou aire de sono.” (Aquilino Iglesias Alvariño: Cómaros verdes, 1947)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.