Arte de escribir á man con boa letra.
Etimoloxía
Vén do francés calligraphie, procedente do grego kalligraphia, -as 'boa letra', creado a partir de kallos 'beleza' e grapho 'escribir'.
Exemplos *
"Caligrafía era, pois, escribir con letra bela: unha verdadeira arte." (Camilo Gonsar: Desfeita)
"É da xeración que non usa o ordenador só porque ama a caligrafía e o cheiro da tinta, o trazo arrastrando rego a rego, como quen cava na millarada." (Manuel P. Rúa: Galicia Internacional 07-1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


