calígrafo, -a

Persoa que escribe con boa letra / Especialista en caligrafía

Etimoloxía

Palabra que vén desde o grego καλλιγράφος, kalligráphos ‘letra fermosa’.

Exemplos *

“Naquela casa traballaban calígrafos, miniaturistas, tradutores, impresores, oficiais e aprendices. Era un mundo arredor das letras descoñecido para a inmensa maioría dos habitantes do mundo exterior, dos viandantes das rúas de Compostela.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

“No medievo era frecuente que as familias vascas tivesen nove ou dez fillos, e polo costume de primoxenitura o resto dos irmáns tiñan que colle-lo camiño da emigración. Moitos foron empregados da Administración pública, porque eran bos calígrafos e excelentes oficinistas.” (X.M. Couselo: O Correo Galego, 5-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.