caligrama

Verso ou composición poética en que as palabras forman un debuxo relacionado co contido do poema

Etimoloxía

Palabra que se toma do francés calligramme cun significado semellante e formada desde estoutras: calligraphie ‘caligrafía’ e idéogramme ‘ideograma’.

Exemplos *

“Lembrades aquel fermoso poema, “ Excelsior “, de Manuel Antonio que se iniciaba cun caligrama en forma de rosa dos ventos, onde no brazo de cada punto cardinal aparecía escrita en cadanseu idioma a afirmación “Eu son“?” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)

“A min gustábame Mirabeau, as súas expresións, o seu didactismo, e algunhas veces tamén os seus silencios, que semellaban transmitir mensaxes cifradas onde cada pestanexar un caligrama, cada ollada un parágrafo, cada minuto un texto comprimido en atinadas doses de sabedoría.” (Xavier Queipo: O paso do noroeste, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.