Neve miúda ou sarabia, que cae acompañada de vento forte e frío
Etimoloxía
De orixe controvertida, crese que podería haber unha raíz gótica *kalist- ou *kalisk- ‘frío’ que daría pé a “calistro”.
Exemplos *
“Un calistro xélido maltrataba os escasos camiñantes que se aventuraban entre os charcos da capital do Deza, despeiteándoos sen dó aló por onde se metesen.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)
“(...) manda un calistro que mete a iauga atravesada e mesmo paresce que chove tanto por riba coma por baixo.” (E. Seijas Vázquez: Pequena estoria dun gran café, 1990)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.