Leite callado
Etimoloxía
Palabra que resulta da substantivación do participio do verbo “callar” que bebe do equivalente latino coagulare.
Exemplos *
“Sacou a vella do lume un pucheiro que contiña patacas en cachelos, e sacou da maseira unha ola de leite; soprou a nata e botouna cunha culler de pau na queixeira, e encheu dúas cazolas de callada.” (Xan de Masma: A besta!, 1899)
“Mandoume mi amo que trouxera un bico de leite nunha taza, e si a había callada na calleira, millor. Trouxen o leite , e doullo o señor Merlín a cullaradas ao animaliño aquel.” (Álvaro Cunqueiro: Merlín e familia, 1968)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


