Substancia para callar o leite.
Etimoloxía
Vén da forma latina coagulum, -i 'substancia callada'.
Exemplos *
"O pucheiro para o pingo empregábase para gardar esta graxa, mentres que outros servían para o leite, o callo ou para fabrica-lo queixo." (Miguel Vila Pernas: Olería tradicional en Galicia)
"Para facer un requeixo dun quilo, bótanlle o callo a sete ou oito litros de leite, e logo de estar entre 24 e 36 horas a callar, póñeno na forma …" (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.