callos

Prato que se prepara con anacos do estómago e as patas da vaca, chourizo, garavanzos e outros ingredientes

Etimoloxía

Substantivo que bebe do latín callum de significado semellante ao actual.

Exemplos *

“Pousárono na cama, e da taberna de abaixo, pola ventá aberta, comezou a chegarlle o olor a polbo, empanada, callos. Mesturábase, nunha combinación harmónica, co son das cuncas, os vasos e as copas, e as voces dos veciños, xa todas estrañas.” (María Canosa: Contos da taberna / Neve branca de verán, 2014)

“Na tardiña, despois de degustar un magnífico xantar chairego no que os callos foron o prato estelar na beira do río que lle dá nome a esta localidade, os concursantes que se achegaron até Parga entregaron as figuras as que lle deran forma ao longo do día. O gañador deste certame foi o canteiro de Mos.” (Antonio Cendán: A Nosa Terra, 10-7-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.