calma

Ausencia de ruído, axitación, movemento etc., nun lugar

Etimoloxía

Préstamo do italiano calma ‘serenidade’ que bebe do latín tardío cauma ‘bochorno’.

Exemplos *

“Desde a terraza que dá á praia vin que o mar estaba en calma.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

“O autor conseguira, co talento dun verdadeiro xenio, atrapar un instante de calma e acougo nunha calorosa tarde de verán.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.