calmante

Que calma a dor ou a excitación nerviosa / Medicamento calmante

Etimoloxía

Voz derivada que remite á palabra “calma” que vén do latín cauma, que remite ao grego kaûma 'bochorno', ‘calmuzo’.

Exemplos *

“Os bagos da herba moura, calmantes e emolientes, serven para facer cataplasmas coas que aliviar gretas da pel, principalmente as que estragan as mans moi traballadas.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)

“Uns calmantes que serviran para axudalo a superar a sensación de medo e desacougo que sentira ó ter que pasar tantas horas agochado naquel recinto pequeno e sen luz.” (Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.