calmeiro

Ausencia de vento ou de movemento das ondas

Etimoloxía

Voz que xorde por derivación tomando como base estoutra “calma” termo que remite ao latín cauma e este bebe no grego kaûma ‘bochorno’.

Exemplos *

“Os berros daqueles bucaneiros, obrigados durante tanto tempo a reprimiren os seus bárbaros instintos, atronaron a placidez da mañá, na que mesmo as augas mariñas presentaban un calmeiro pouco habitual.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

"Os mares viraran grisallos e revoltos, coma se naquelas latitudes non houbese, desde tempo inmemorial e remoto, espacio para o sol e os calmeiros.” (Xavier Queipo: O paso do noroeste, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.