Calor ou aire quente que produce sufocación
Etimoloxía
Voz derivada sobre o substantivo “calma” que remite ao latín cauma, que bebe do grego kauma ‘bochorno’.
Exemplos *
“O calmuzo entre as árbores facíaa suar por todo o corpo, se ben de vez en cando apreciábase unha corrente de ar.” (Antía Nara: Cara ao leste, 2016)
“Esta bruma ou néboa seica é habitual nunha terra tan metida no océano coma esta, e polo xeral aparece no momento máis inesperado, particularmente despois dun calmuzo tan abafante como o que tiveramos o día anterior.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.