Camiño co pavimento de pedras
Etimoloxía
Este vocábulo bebe do termo do latín vulgar *calciāta 'camiño empedrado'.
Exemplos *
“Os romanos deixaron bastantes pegadas do seu paso por estes lugares, unha delas é a ponte romana que cruza o río Miño. Aínda mantén restos de calzadas, termas e mosaicos.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)
“A palabra peste vén do latín pestis, que significa calamidade ou ruína (...). As primeiras epidemias en Europa déronse xa no século VIII a.C., e máis tarde contribuirían á súa propagación as calzadas do Imperio romano e sobre todo a Ruta da Seda.” (Xerardo Neira: O Correo Galego, 27-5-2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.