Conxunto de crías dun mamífero, que nacen ao mesmo tempo
Etimoloxía
Voz derivada sobre a palabra “cama” que, á súa vez, procede do latín hispánico cama ‘leito no chan’.
Exemplos *
“Deben procurar maximizar o número de leitóns por camada, ademais de optimizar cuestións como o peso ao nacemento ou a súa lonxevidade e vida produtiva.” (A. G.: Campo galego. Xornal Dixital agrario, 14-3-2023) [visto en outubro do 2024]
“Os porcos son os doantes ideais polo seu tamaño, o seu rápido crecemento e as súas grandes camadas.” (Redacción: Gciencia, 11-1-2022)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.