cámara de gas

Recinto construído para executar persoas inxectando dentro gases tóxicos.

Etimoloxía

Cámara chegou a través do latín, procedente do grego kamara, -as 'espazo abovedado', mentres que gas é unha palabra inventada polo científico Jan Baptist van Helmont no século XVII.

Exemplos *

"Os nazis mataron nenos a patadas e as embarazadas eran as primeiras para a cámara de gas!" (A Nosa Terra 03-02-2005)

"Dezaseis anos despois da morte na cámara de gas da súa nai e a reclusión do seu pai nun campo de concentración nazi estrea, tras rodar precozmente varias interesantes curtos, O coitelo na auga." (J. Carou: Sermos Galiza 19-10-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.