camarada

Persoa que, con respecto a outra, ten os mesmos costumes, ocupacións ou certos lazos de familiaridade.

Etimoloxía

Formouse a partir de cámara, que nos chegou da forma idéntica do latín vulgar, xa que se refería ao grupo de soldados que compartían a mesma cámara.

Exemplos *

"… onde estarán tantos amigos, tantos camaradas, tanto amor, tanta ilusión, tantas bágoas, tantos paraugas." (Mario Regueira: L'affiche rouge)

"O pasado para min deixou de existir desde onte mesmo e quero que consideredes este encontro como a última xuntanza duns camaradas fraternos nun lugar desta natureza." (Quico Cadaval e Xavier Lama: Memoria de Antígona)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.