Relación de harmonía e amizade propia entre camaradas
Etimoloxía
Voz creada sobre “camarada”, á súa vez, relacionada con “cámara” que vén do latín vulgar camara ‘bóveda’.
Exemplos *
“Comadre simboliza afecto entre mulleres, sororidade e camaradaría.” (Iago Suárez [entrevista]: Nós Diario, 12-1-2023)
“A contribución da Bakin’ á música compostelá do século XXI foi a de deixar a semente do blues e da camaradaría nas novas xeracións de músicos da cidade interesados no xénero.” (Alfonso Espiño: Praza.gal, 14-6-2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.