camaradería

Relación de harmonía e amizade propia entre camaradas

Etimoloxía

Termo derivado de “camarada” que, nun primeiro momento, significaba ‘soldados que compartían cuarto’ e logo ‘compañeiro’ e que deriva do latín vulgar camara ‘cuarto’.

Exemplos *

“Estou seguro de que o ton fora diferente, moito máis distendido, con esa camaradería blindada que outorga a ebriedade.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos / A rapaza do bikini verde, 2010)

“Mingos decatouse do mal que lle parecera ó seu paisano a camaradería con que o tratara, esquecendo que estaba perante o segundo de a bordo.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.