Cámara, situada xeralmente detrás do altar e nun lugar alto e visible, na cal se encontra unha imaxe relixiosa
Etimoloxía
Vocábulo diminutivo de “cámara” que bebe do latín medieval camara 'cuarto', este do clásico camăra 'bóveda'.
Exemplos *
“O fenómeno do milagre xerou un tipo específico de templo, o santuario. Uns responden á mesma forma dos templos ordinarios. O santuario require un amplo espazo fronte ó camarín.” (José Ramón Soraluce Blond: Guía da arquitectura galega. Linguaxes e mensaxes, 1999)
“A superficie policromada dos retablos de madeira ardera case por completo (...). Só se salvaran da queima os marcos, decorados con motivos vexetais e cubertos de pan de ouro. Porén, as tallas de virxes e santos foran consumidas polo lume nos seus camaríns.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


