Acto de cambiar ou cambiarse
Etimoloxía
Palabra que deriva do verbo “cambiar” que bebe no latín da Galia cambiare.
Exemplos *
“Teño a sensación de que, sobre todo nas idades máis temperás, eses prexuízos aínda non están asentados, polo que se houbese maior formación en cuestión de igualdade, si que podería haber cambios reais.” (Selina Otero [entrevista a Anaír Rodríguez]: El Faro de Vigo, 26-3-2019)
“O importante son os discursos intelectuais que as mulleres acheguen. A min interésanme os emancipadores, os de cambio social, que sitúo no feminismo.” (Luís Villamor [entrevista a Ana Romaní]: TemposDixital, 29-4-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.