camelia

(Camellia japonica) Arbusto da familia das cameliáceas orixinario de China e O Xapón, de tronco moi ramificado, follas perennes coriáceas e ovais, moi brillantes pola face, e flores de cor branca, encarnada ou rosada.

Etimoloxía

Nome que chega a nós desde o latín botánico camellia que se formou como homenaxe ao botánico Georg Kamel.

Exemplos *

"Pero agora, ollando os ramos de rosas, de camelias, de caraveis vermellos, decatabámonos de que as azaleas e loendros, as roseiras e camelias plantadas na horta eran vermellas e brancas." (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas)

"Sara circulando na tarde íntima, emanando perfume de camelia." (María Gándara: Magog)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.