Mamífero da familia dos camélidos (Camelus bactrianus), de corpo robusto provisto de dúas xibas dorsais, patas longas e delgadas, pescozo longo, forte e flexible e pelame moi desenvolvido.
Etimoloxía
O nome deste animal vén do grego kamelos a través co latín camelus, -i.
Exemplos *
"Tamén influiu a mellora económica das últimas décadas, sendo cada ano máis grandes as alforxas dos camelos dos Reis Magos, de xeito que os enredos que levaba máis tempo facer, precisándose ata a axuda dos maiores, empezaron a esquecerse …" (Clodio González Pérez: Galicia Hoxe 2007-03-24)
"E despois chegaron os tres Reis cos seus camelos e dons, como estaba escrito nos anais dos ceos e na inspiración dos profetas …" (Dora Vázquez: O Correo Galego 2000-12-27)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.