camiñada

Feito de percorrer camiñando unha distancia máis ou menos longa / Distancia que se percorre camiñando

Etimoloxía

Termo que se crea sobre a voz “camiñar” e que bebe do vocábulo “camiño” que vén do latín vulgar *camminus que procede da voz celta cam ‘paso’.

Exemplos *

“Ás dez e media xa estaba de volta. Chegou xusto cando entrabamos na cociña da granxa para almorzar. Con el os avós, que, como por fin xa está bo tempo, van cedo á camiñada.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)

“Despois de unha hora de camiñada cheguei ao parque Alameda, onde anos atrás asistira a un mitin revolucionario. E subindo polas rúas costentas do barrio de Tívoli e as máis lenes da zona histórica, mentres unha chuvieira frouxa mollaba os teitos da cidade, dei coa librería que buscaba preto da praza Marte.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.