camiñante

Persoa que vai camiñando

Etimoloxía

Substantivación do participio presente do verbo “camiñar” creado sobre “camiño” procedente do latín vulgar cammīnus, voz de orixe celta, de significado semellante.

Exemplos *

“Baixaba silandeiro ata o camiño, máis tarde estrada, e era coñecido por todos os habituais camiñantes que sabían onde se podía descansar á sombra e beber auga fresca despois dunha longa camiñada nos días abafantes do verán.” (Perfecto Ramos: Sermos Galiza, 8-2-2018)

“A camiñante estaba preto e apreciábanse perfectamente as faccións finas, coma debuxadas con pincel. Vestía saia e camisa branca. Por un momento mirou para onde estabamos nós.” (Beatriz Lorenzo López: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.