camiñar

Desprazarse dando pasos, sen levantar por completo un pé do chan ata que o  outro estea pousado.

Etimoloxía

Derivado do latín vulgar camminus, –i ‘camiño’ que procede posiblemente do celta.

Exemplos *

“O homiño afastárase devagar cun camiñar retorto, arrastrando o seu fedor, ata ir sentar nun recanto da praza, nun poio de pedra á sombra, sen deixar de mirar en fite para os turistas.” (Laura Caveiro: As naos afondando)

“Saín correndo da eira e extraviei o meu camiñar entre bidos arrogantes e amieiros voluptuosos, horas despois, por recantos do río polos que nunca pasara.” (Xosé Carlos Caneiro: A rosa de Borges)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.