camiño

Espazo trazado e disposto para poder ir dun lugar a outro / Medio ou maneira de facer unha cousa para conseguir ou obter algo

Etimoloxía

Palabra que bebe na latina *camminus que procedía, á súa vez, dunha orixe celta.

Exemplos *

“Estou preparado para todo. Pero mentres me resten as forzas continuarei o camiño.” (Francisco Fernández del Riego: Camiño andado, 2003)

“Foise polo portalón sen despedirse. Botou a andar polo camiño da costa.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.