camión

Vehículo automóbil grande, de catro ou máis rodas, que se utiliza para transportes pesados por estrada.

Etimoloxía

Chegounos do francés camion, voz de orixe descoñecida.

Exemplos *

“Os seus intentos por controlar o camión foron tan bruscos que provocaron a rotura da dirección e a cisterna foise esnafrar contra o estanco e a Caixa de Aforros.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)

“¡Que fai esta nena xogando cun camión en lugar dunha boneca!, gritaba Antonio cando chegaba á casa e vía a nena, vestida cun vaqueiro e facendo ruídos de motor coa boca.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.