camioneira, -o

Persoa que guía un camión

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “camión” que vén do francés camion de significado semellante.

Exemplos *

“Gustábame moito ser piloto de avión. Ao final non puido ser e quedei en camioneira e carniceira, pero contenta.” (X.M.F.: Xornal de Lemos, 21-5-2021)

“Esta situación afectaría un total de 160 traballadoras e traballadores, entre persoal nas Pontes e o que está no porto de Ferrol, ademais de máis de 100 camioneiras e camioneiros que levan dous anos sen traballar.” (A Escudero: Nós Diario, 17-6-2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.