camoés, camoesa

Froito, especialmente a mazá, de sabor doce e moi recendente

Etimoloxía

Voz de orixe descoñecida.

Exemplos *

“Eu estaba sentada nun tallo, quentando os pés no lume da lareira (...). Mentres pelaba mazás camoesas, que lle dan á tarta unha levísima dozura, e ensopaba as galletas no leite para amolecelas, falaba con Esther.” (Xesús Valcárcel: Matar o tempo, 1995)

“Cando xa non sexamos donos de urracas, tabardiñas, camoesas ou claudias tamén perderémo-las palabras. Se desaparecen as árbores perdémo-las froitas e tamén as palabras porque xa non precisamos dicilas.” (José M. Couselo: O Correo Galego, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.