campa

Lousa plana de pedra con que se cobre unha sepultura

Etimoloxía

A orixe desta palabra non está clara. Apúntase como probable que proceda do latín campus, que significaba 'chaira'.

Exemplos *

“Tardei un chisco en atopar a campa de Sarah, e aínda me detiven en algunhas lousas de celebridades do cine espalladas polo traxecto ata chegar á dela.” (Miguel Anxo Fernández: Tres disparos e dous friames, 2016)

“Internouse cada vez máis entre as tumbas e con cada nova campa que atopaba, sentía un pequeno bandazo de aprehensión e anticipación.” (J.K. Rowling: Harry Potter e as reliquias da morte [trad. Laura Sáez], 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.