campeiro, -a

Lugar no monte onde nace a herba de maneira espontánea / do campo

Etimoloxía

Vocábulo que deriva da palabra “campo” que vén do equivalente latino campum.

Exemplos *

“O Corredor Nocturno , enchoupado ata extremos impensables , avanza polos herbais do Barreiro , atravesando as campeiras nas que non se distingue o que é prado do que é cano , porque todo se anega igual.” (Ramón Loureiro: O corazón portugués, 2000)

“–Ai, Mercedes –dixo Ana collendo o vaso–, é verdade que este inverno pasou un lobo por acó?

–Pasou. Vino correr por aquelas matogueiras, e logo fuxiu polo campeiro onde recollemos a cabra.” (Antón Cortizas: Leonel, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.