Lugar no monte onde nace a herba de maneira espontánea
Etimoloxía
Voz derivada sobre “campo” que vén do latín campum de significado semellante.
Exemplos *
“No centro estaba a estatua de don Nicomedes, arrodeada dunha varanda de ferro que a veces saltábamos para xogar no campelo que había dentro.” (Lois Tobío: As décadas de T.L., 1994)
“Os Camiños Reais fóronse construíndo seguindo as condicións orográficas que permitían o paso e a comunicación, neste caso, entre as provincias da Coruña e Lugo, a través dos montes Campelo e do Bocelo.” (Juan A. Carneiro Rey: Cuadernos de Estudios Gallegos, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


