campesiño, -a

Persoa que vive no medio rural dedicada aos traballos do campo

Etimoloxía

Vocábulo que se formaría como paralelo oposto a “montesío” tomando como base “campo” que remite ao latín campus ‘terreo chan’.

Exemplos *

“O seu corazón rachaba cada vez que acudía ao fogar dun campesiño para efectuar a recadación e non atopaba máis que miseria, fame e dor.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

“Faltaban poucas horas para que o sol se escondese entre as montañas cando unha campesiña se acercou á ermida onde vivía o abade. Aquela xenerosa muller tróuxolle ao ancián uns ovos frescos, unha cuarta de touciño e unha avultada fogaza de pan de centeo; a cambio e, ao día seguinte, o clérigo nos oficios habituais tiña que lembrar na pregaria o unixénito malogrado da labrega.” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.