campía

Extensión grande de terreo onde hai moitos prados / Campaza

Etimoloxía

Voz que se crea sobre estoutra “campo” que bebe do latín campus de significado semellante.

Exemplos *

“Saudades ten a campía, polas arbres que morreno / ao fuxir, dos eucaliptos, / os reiseñores troveiros.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Tristura do souto mudo”, Cantarenas, 1981)

“Acazapouse entre unhas rochas, situándose en dirección contraria á do vento, e agardou ata perdelos de vista. Os lobos baixaban de cacería ás campías do val. Percorreu entón o territorio da manda buscando un tobo nos fondais boscosos de difícil acceso.” (Manuel Janeiro: A fada das lapas, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.