cámping

Sitio para acampar os que fan turismo ou excursións.

Etimoloxía

Adaptación ao galego do termo inglés camping que significa 'lugar con tendas de campaña'.

Exemplos *

"Contestei que na estación de Zaragoza me agardaban uns amigos, que eles tiñan coche e que, aquel mesmo día, cando eu chegar, iriamos xuntos ata o cámping de Ordesa." (Anxo Angueira: Bágoas de facer illas)

"Entre os establecementos non recollidos na estatística inclúense as casas de hóspedes, fondas, apartamentos legalizados e os cámpings." (Carla Rey Graña e María Ramil Díaz: Revista Galega de economía. Estructura do mercado turístico galego)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.