campismo

Actividade que consiste en vivir durante certo período de tempo ao aire libre, con ou sen tenda de campaña e co material necesario

Etimoloxía

Termo formado a partir do substantivo "campo" que procede do latín campus 'terreo chan'.

Exemplos *

“Moi ó fondo a penas se distinguía a silueta das Cíes, as dúas illas vixiantes da entrada da ría en que pasaras tantas horas coa túa irmá, esculcando os aniñamentos das gaivotas, aprendendo a descifra-los seus cantos, facendo campismo, bañándovos nas súas augas sempre limpas e frías” (Miguel Vázquez Freire: Anxos en tempos de chuvia, 1997)

“Cómpre avanzar na creación de espacios de campismo, mesmo con compromiso municipal, algo isto no que poderiamos achegarnos mesmo a observar a modesta, pero fecunda e maximizadora experiencia dos nosos veciños de Portugal” (Xan Bouzada: Galicia internacional 18/07/1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí