Recinto onde se teñen recluídas certas persoas, especialmente as consideradas perigosas para o réxime político do país de que se trate.
Etimoloxía
Nesta expresión combínanse dúas palabras procedentes do latín, a primeira de campus, -i 'terreo extenso' e a segunda con raíz en centrum, -i 'centro'.
Exemplos *
"… viaxaba coa súa familia xudía amoreada nun tren para o gando rumbo ó campo de concentración de Dachau, que conta co triste mérito de ser o primeiro centro de exterminio do Terceiro Reich." (C. Novas: Galicia Hoxe 06-02-2005)
"Xuntos atravesaron a fronteira de Francia e xuntos foron recluídos no campo de concentración de Argelès." (Antón Risco: Tres situacións elementais)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.