can, cadela

Mamífero carnívoro doméstico da familia dos cánidos, do que existen múltiples razas de características diversas e que, pola súa intelixencia e lealdade, é utilizado polo home na caza, para gardar rabaños, casas ou outras propiedades, así como para moitas outras funcións.

Etimoloxía

Palabra patrimonial que chega desde o latín canis onde tiña o mesmo significado.

Exemplos *

“Pois para que o amo soubese se o can estaba no sitio onde quedara, asubiáballe para que viñese para xunta del.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

“Desde que baixaron do coche ata que chegaron á porta da casa, o can acompañounos sen deixar de brincar ao redor do pai de Leo Caldas.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.