Instrumento para pescar, feito orixinariamente co talo dunha cana
Etimoloxía
Termo que vén do latín canna que significaba ‘cana’, onde o material co se fai o instrumento acabou por designar o obxecto.
Exemplos *
“Arrincou a vara da ribanceira e, gobernándoa coma se fose unha cana de pescar, deu un tirón forte da sedela e unha troita grande rebrillou no aire e foi caer ó medio da herba do prado que remataba no rego.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda / O Ramiro de Braña (ou A maldición do cacique), 2012)
“Había dous homes sentados na punta do espigón coas canas de pescar tendidas sobre a auga, e os policías botaron a andar cara a eles.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


