canada

Recipiente, polo xeral de latón / Medida de capacidade para líquidos, principalmente viño e leite, que varía, segundo as zonas de Galicia

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “cana” que vén do latín canna ‘cana’ ou ‘xunco’.

Exemplos *

“Nas dez horas seguintes, foi escrutado cada recanto da fragata, adega e camarotes, e o latrocinio amoreou un inventario de bocois, instrumentos náuticos, pedras preciosas, obxectos de prata... Puxéronlle ramo á pillaxe cunha farta no castelo de popa, a base de biscoito chacina e peixe-cabalo, de canadas de viño de Madeira, coa participación forzosa de mareantes e viaxeiros cativos anque a humillación e o medo a penas lles deixasen pasar bocado.” (Bieito Iglesias Araúxo: A vida apoteósica, 2001)

“Sen ir máis atrás, o derradeiro mercado caeron tres melros na taberna de Toñín, onde tamén se xuntaron outros paxaros da Puebla, e despois de meter no papo unhas tres canadas de viño quedaron trocados en homes bébedos.” (Varios: O tío Pepe, 1913)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.