Recipiente, polo xeral de latón, utilizado para muxir as vacas
Etimoloxía
Palabra relacionada coa latina canna ‘medida’.
Exemplos *
“Pensou que se podía parecer a Carolina, a filla do administrador de Sabucedo, que bebía o leite polo canado antes de fervelo e que xogaba á billarda cos rapaces.” (Carlos Casares: Deus sentado nun sillón azul, 1997)
“De sempre, unha vaca foi cuadrúpede de camiñar canso e mirar triste: tiraba do carro, deitaba dous canados de leite, pedía boi unha vez ó ano e pacía filosoficamente.” (Carlos Mella: O Correo Galego, 23-11-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


