canapé

Rebanda de pan sobre a que se poñen diversos alimentos e que se toma xeralmente como aperitivo.

Etimoloxía

Esta palabra denomina en francés un tipo de banco ademais da preparación culinaria e a súa orixe parece estar no latín tardío canapeum 'cama protexida con mosquiteiro', procedente do grego konops 'mosquito'.

Exemplos *

"Chegou á cociña, onde Gloria, acompañada dunha moza cun mandil moi coqueto, preparaba unha fonte con canapés variados." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)

"Cun pouco de discreción achegábase un deica unha das mesas ateigadas de pinchos e canapés e xa gañaba a mañá." (Xosé Manuel G. Trigo: Extintos básicos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.